lunes, 26 de mayo de 2008

Despedidas

Mi bandera, poco a poco, se va llenando de firmas. Firmas de gente con la q compartí mucho. Algunas llenas de sentimiento, que me hacen llorar cada vez q las leo. Otras que guardan significados ocultos y que a pesar de su apariencia inexpresiva me dicen más de lo que quisieran.


El fin cada vez está más cerca y yo sigo odiando las despedidas.


Hace un año estaba repleta de miedo, incertidumbre y pocas (o ningunas) ganas de venir.
Ahora solo soy agua, que se escapa inevitablemente a través de mis lagrimales.

martes, 20 de mayo de 2008

Last exam

Today, it will be finished

miércoles, 14 de mayo de 2008

O Pampallín






A festa dos Maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo, e é propia de toda Europa, tendo lugar, segundo os sitios, nos meses de marzo, abril ou maio. Significa o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, e ten diferentes formas, que veremos máis adiante.

[...]

O Ciclo de Maio non só se cingue aos Maios, pois estes non son máis que unha das súas manifestacións. En Galicia houbo, e aínda hai, segundo os casos, prácticas relacionadas coa agricultura, a gandería, o mar, o xogo, o amor, e outras consideradas cristiás, aínda que ao mellor foron cristianizadas, posiblemente na Idade Media.

As manifestacións agrarias son aquelas que teñen como finalidade favorecer a medra da colleita, arredando o mal, tanto o que procede do home (as bruxas), coma dos animais e mesmo dos axentes meteorolóxicos.A máis coñecida é a denominada “Alumear o pan”, da que aínda quedan restos moi minguados en varias aldeas dos concellos coruñeses de Rois e Serra de Outes. Recibe varias denominacións, aínda que a máis coñecida é a anteriormente dita, : “Alumear o centeo”, “Larada do pampallín”, “Lume pan”, “Véspera do mes dos Maios”... Actualmente celébrase na última noite de abril, pero nalgunhas localidades e ata os últimos anos do século pasado, era na do vintenove, quizais facéndoa cadrar coa festividade cristiá de San Pedro Mártir.

[...]

Como é natural, esta celebración da chegada do bo tempo e tódolos rituais de fertilidade que leva asociados non son exclusivos de terras galegas. Podemos encontrar os seus equivalentes en moitas outras partes do mundo, cada unha coas súas propias características.
Nas Illas Británicas estes festexos reciben varios nomes: “Lumes de Beltane”, “May Day”, “Jack-In-The-Green”, etc., aínda que todos teñen case o mesmo significado.


Na Serra, o Pampallín é unha das noites grandes, desas nas que o concello che invita a unha copa e pon unha carpa no medio dunha rúa (xusto, xusto tiña que ser na miña) con concertos ata as mil. Unha desas noites que non che gustaría perder a pesar de estar disfrutando un marabilloso ano Erasmus.


Na miña vida, o Pampallín convirteuse nunha tradición de trío penca.

E este ano, como tiña que ser, a tradición seguiu adiante, inda que fose celebrando o "May Day" en London e non o Pampallín no Agro das Mozas.


Creo que era necesario deixar constancia, dalgún modo, do primeiro lustro de fotos :)

domingo, 11 de mayo de 2008

Erasmus

Non quero que se acabe.

Pero, como tódalas etapas da vida, esta tamén chega ó seu fin.


20 días