Empezamos un viernes como outro calquera, no City, despois dunha improvisada e inesperada sesión fotográfica na miña habitación. A diferencia: en vez de 40 españoles, esta vez éramos 4. Pero marcamos, dándoo todo, como ten que ser.
O sábado, despois de dormir 2 horas escasas, dúas valientes puxeron rumbo Bath debaixo da furiosa chuvia inglesa e, por si eso non fose pouco, rematamos o día cunha cea "experimental" a dez metros do escenario (aínda con cordón policial) dun tiroteo.
Despois de dous días de cama e fiebre, unha noite de risas vendo amencer en Lancashire e unha visita ó Planet máis petado que nunca, chegaba o plato fuerte das vacacións: Escocia.
Xa se dixo moito de esta viaxe en blogs e flogs varios. Pero aínda así, non chegan palabras para describilo.
Edimburgo, a parte de ser unha cidade preciosa, convirteuse no punto de unión de un rebaño un tanto extraño, composto por seis ovellas de Euskadi e outras tantas de Galiza.
A ruta en coche por medio país sirveu, ademais de facer de panorámica dos numerosos lagos, montañas nevadas, castillos, flora (canto toxo!) e fauna (as vacas emo e os ciervos maniquí foron a greatest hit), para afianzar os lazos familiares e incluír novos membros-mascota (FeoDeCojones, EternalSingle e Murdo).
Aberdeen, que nos recibeu nevado, foi o noso campamento base nos últimos días, antes de que as ovellas descarriadas abandonasen a papá e mamá.
Non descubrín o misterio de Nessy, pero si cales son os momentos cercanos á felicidade.
Onte, xa de volta a Wolves, con unha regresada máis e sen o noso City predilecto, descubrimos luces de cores en novos ambientes.
E hoxe, bares de homes e fútbol ó máis puro estilo nativo.
Mañá acaban oficialmente as miñas vacacións de Semana Santa, Easter que lle chaman aquí.
Mañá tamén empeza unha especie de conta atrás dos dous meses exactos que me quedan neste país.
Mañá é domingo, día de descanso, de non pensar.
